Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2007)
"Introdución: Os sonetos na produción poética de Noriega Varela"
En Antonio Noriega Varela.
Tenuis pluvia. Sonetos: pp. 21-71.
Lugo: Deputación Provincial de Lugo.

Análise da produción poética que Antonio Noriega Varela emprendeu entre 1921 e 1929 e contraste con outras etapas da súa evolución persoal e estética. Trátase de maneira específica o corpus de vinte e un sonetos cos que acrecentou D'o Ermo na súa terceira edición. O propósito declarado de Noriega era o de compor unha serie máis ampla, que debería alcanzar as cincuenta unidades e orixinaría un libro diferenciado. Na altura de 1924 pensaba titulalo Tenuis pluvia. O estudo céntrase sobre todo en aspectos lingüísticos, estilísticos, métricos e temáticos dese núcleo de poemas, nos que se percibe a influencia da poesía parnasiana e simbolista, así como en especial do saudosismo de Teixeira de Pascoaes, decisivo na depuración formal que Noriega se fixou como meta.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org