Balance panorámico da produción poética do ano 1996 no que se fai fincapé en cuestións como a aparición de novas voces (sobre todo procedentes do xornalismo) que cuestionan os estereotipos da masculinidade e incorporan elementos da gramática violeta, ou a presenza institucional (premios, coleccións) no eido da publicación de poesía. Saliéntase tamén a xa habitual presenza de voces femininas e a ausencia de compromiso, de diálogo entre estética e historia. No referido aos espazos e xeografías poéticas sinálase o protagonismo de África e da natureza. Finalmente, coméntase tamén a política de reedicións, os criterios con que se organizan as escolmas e o paseniño aproveitamento por parte do xénero das posibilidades que ofrece o ámbito dixital.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org