Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

López-Casanova, Arcadio (2007)
"Situación, construción e sentido de Palabra no tempo (unha achega analítica á poesía de María Mariño)"
En Carmen Blanco (coord.).
María Mariño: Día das Letras Galegas 2007: pp. 9-36.
Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

Achega ao primeiro libro de María Mariño, Palabra no tempo, que comeza coa explicación dos trazos epocais e sitúa na vixencia dos modelos canonizadores vencellados ao realismo social a desatención que esa obra padeceu no momento da súa publicación. López-Cassanova apunta que o tema central do poemario é a visión dunha existencia fendida pola acción do Tempo/Morte, temática que colle corpo a través dun actor lírico transmutado alternativamente en suxeito da desposesión, do extravío e/ou da procura. Dedícanse, así mesmo, dous apartados á urdime simbólica do poemario, ás actitudes líricas utilizadas e á estrutura externa e interna do libro e dos poemas, para concluír a importancia radical desa obra na lírica galega do seu tempo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org