Achega analítica a Verba que comenza, de María Mariño, na que se establecen as claves para consideralo un diario da ultimidade. Dise que esa consideración de diario devén da secuencia de poemas-fragmento, da autocreación do suxeito poético e da especularidade da escrita. Canto á modalización, anótase que converxen a linguaxe de canción e a apóstrofe lírica (ti da transcedencia, ti da confidencia, ti de signo cósmico), así como se dan casos de desdobramento do eu (como o diálogo interior).
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org