Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Blanco, Carmen (2009)
"Imaxes de mulleres na literatura galega: Penélopes de poetas. Rosalía Penélope, Xohana Penélope e Olga Penélope"
En Carlos Andrés González Paz (ed.).
As voces de Clío: a palabra e a memoria da muller na Galicia: pp. 87-100.
Santiago / Madrid: Seminario de Estudos Gallegos Padre Sarmiento / Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

Estudo que incide no contraste tipolóxico entre as correntes ideolóxicas antifemininas e profemininas no marco da literatura galega a propósito da figura e mitificación de Penélope. Dunha banda, a corrente dominante, patriarcal, misóxina e sexista. Doutra banda a corrente resistente, antipatriarcal, progresista e filóxina, aberta á diversidade das potencialidades vitais das mulleres. Neste marco, analízase a recreación de Penélope debida a Rosalía de Castro (En las orillas del Sar), Xohana Torres (Tempo de ría) e Olga Novo (A teta sobre o sol). A Penélope de Rosalía aparece caracterizada como unha pesimista da intelixencia, escéptica e nihilista. A de Torres é unha feminista que desde a sabedoría profética reacciona contra a pasividade e reclama como propia a navegación, a acción, a poesía. A Penélope de Olga Novo é unha feminista libertaria e revolucionaria que postula as formas do amor libre e canta a irmandade entre as mulleres ao tempo que combate o poder sexual impositivo do patriarcado.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org