Recensión do libro Sangue sobre silenzo de Brais González Pérez publicado en 2004. Anxo Angueira saúda o poemario como "algo realmente novo" e sitúao na liña doutras voces "máis brillantes e máis lúcidas da historia da nosa poesía" que non disociaron o campo político do campo literario. Por este motivo, para Angueira, estamos ante un libro épico que non se acomoda aos tópicos lingüísticos e ante un autor "dinamiteiro da fala e da sintaxe". Por último, o estudoso chama a atención sobre as orixes "nas marxes" de Sangue sobre silenzo ao ser unha edición de autor.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org