Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Blanco, Carmen (2007)
"A misteriosa tea entraña do tecer da costureira: a poética da vida de María Mariño"
En Carmen Blanco (coord.).
María Mariño: Día das Letras Galegas 2007: pp. 37-68.
Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

Consideración da vida e da obra de María Mariño en correspondencia coas súas orixes sociais e coa dedicación desde nova á costura, determinantes en principio dunha “poesía pobre”, próxima ao popular e ao tradicional sustentada nas habelencias súas como contadora e cantadora. De par destas condicións que reafirman a súa identificación como “poeta-pobo” e “poeta-tecedeira”, na constitución do oficio poético de María Mariño tiveron incidencia as súas relacións con poetas e intelectuais como Novoneyra, Otero Pedrayo, Piñeiro ou García-Sabell. Contribúen a probalo a incorporación temática de referentes como a apertura vitalista ao devalar da vida, as diversas modulacións da saudade e o seu pensamento de raíz existencialista sobre o ser, o tempo e a morte. En Mariño houbo unha reutilización consciente dos valores vitais da marxinalidade popular e unha reutilización non consciente da marxinalidade feminina. A súa poética é presentada como unha concreción deses valores entrelazados nun tecer permanente entre palabra e silencio, sempre arredor da inefabilidade do sentimento e do pensamento. Orixínase deste xeito unha forma de coñecemento que conforma un saber sen saber e un dicir sen dicir.

Bibliografía secundaria sobre:
Mariño, María; Novoneyra, Uxío; Castro, Rosalía de.
 
blanco_2007_marinho.pdf (.pdf 451 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org