Limiar de Anxo Angueira á reedición do poemario Bocarribeira de Ramón Otero Pedrayo. O prologuista sitúa a colección creada polos estudantes e traballadores de Brais Pinto e estuda as interseccións entre o patriarca e os mozos (o trato persoal cos que pasaran por Compostela, as tertulias do Café Español...).
Nas últimas páxinas, Angueira analiza a poética de Otero Pedrayo e céntrase en Bocarribeira: lugar de impresión, poetas que dialogaron co poemario e cos que dialogou o autor, o título, a temática, a métrica, o ritmo, a lingua, a estrutura e os grandes leit motiv.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org