Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Méndez Ferrín, Xosé Luís (2010)
"Limiar" [ao libro Pequenos encontros, as marcas deixadas. Obra poética reunida (1967-1995) de Farruco Sesto Novás, 2010]
En Farruco Sesto Novás.
Pequenos encontros, as marcas deixadas. Obra poética reunida (19667-1995): pp. 9-14.
A Coruña: Espiral Maior.

Limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín á obra poética reunida de Farruco Sesto Novás. O texto divídese en catro apartados. No primeiro Méndez Ferrín reflexiona sobre o nome do poeta e recorda as súas "raiceiras" familiares e amistosas. No segundo e no terceiro o prologuista comenta o modo de vivir a política por parte de Sesto e analiza as diversas caras do valor deste "intelectual completo e entregado á práctica teórica, artística e política".

O derradeiro punto é un percorrido polos poemarios reunidos, pola súa distribución, recepción e temática, sen esquecer o labor como letrista de Sesto Novás.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org