Lectura do volume de Eduardo Moreiras O libro dos mortos (1979), interpretado como canto escuro que integra linguaxes mistéricas tomadas das tradicións exipcia e galega. A aproximación crítica combina as perspectivas tematolóxica, estilística e hermenéutica postas ao servizo da indagación sobre o sentido das partes do texto e o propio sentido deste como conxunto. O libro dos mortos preséntase así como unha guía iniciática de acceso a unha realidade diferente, alternativa á que corresponde á experiencia mundana. Trátase dun mundo de liberdade e plenitude, alleo ao xuízo e aberto ao vacío. Fundamentalmente, un paraíso de amor e claridade que xa desde a dedicatoria do libro se expón como alcanzado mercé á presenza de Luz, a persoa amada.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org