A autora revisa a produción poética de 2005 constatando a súa falta de protagonismo na actualidade literaria, o inocuo de moitos dos títulos publicados, a escaseza e marxinalidade dos autores novos, e a perda de protagonismo das mulleres. Un percorrido polo ofrecido por premios e coleccións permite reabrir cuestións como a desproporción entre o seu exceso numérico e os cativos resultados estéticos, ou a necesidade de repensar o concepto mesmo de colección. Dende un punto de vista temático, esta panorámica sinala o predominio de modelos formalistas, decadentistas e paisaxistas, así como da poesía política. Finalmente, consíderase o feito de que o trinta por cento do total de textos de poesía non sexan novos en sentido estrito senón escolmas, reedicións, etc. como unha mostra máis da incerteza do xénero.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org