Percorrido descritivo pola edición da poesía completa (ata o momento) de Xosé Miranda que nos permite obter unha visión diacrónica da evolución do seu discurso poético, dende o protagonismo inicial do versolibirsmo á predilección última polo soneto. A recensión valora e comenta a recuperación no volume da obra inédita e sinala os temas preferidos: o amor, a infancia ou a crítica social nos primeiros poemarios, e o paulatino protagonismo do motivo da viaxe e das refrencias míticas e metaliterarias.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org