A partir da antoloxía da poesía de Manuel Rivas titulada O pobo da noite o autor deste artigo explora as estratexias empregadas polo escritor para ampliar a difusión da súa obra poética, e en xeral da poesía galega, redefinindo o espazo da poesía e renunciando a formalismos excluíntes. Ao tempo, e a partir da especial conexión que no sistema literario galego se establece entre poesía e identidade nacional, o artigo debulla as propostas de Rivas para unha configuración identitaria resistente e esperanzada.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org