O artigo realiza un percorrido crítico e interpretativo pola obra de Lupe Gómez, tendo en conta que en 2005 se cumprían dez anos da publicación do seu primeiro poemario, recentemente reditado. O texto analiza a orixinal mestura de elementos feministas, existencialistas e autobiográficos na poesía de Gómez, así coma o emprego das imaxes recorrentes da vaca, o corpo, a puta ou o berro. O obxectivo último deste estudo parece ser reivindicar a profundidade e singularidade da poesía da autora, así acomo a universalidade da súa mensaxe e o potencial anovador que posúe no contexto literario galego.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org