Descrición: Video que recolle a presentación do volume
To the Wind Our Sails, coordinado por Mary O'Donell e Manuela Palacios. O libro recolle a tradución para o inglés e o irlandés, por parte de poetas irlandeses e irlandesas, de textos de poetas galegas contemporáneas. O acto tivo lugar na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela o 1 de outubro de 2010 e contou coas intervencións das editoras, da profesora Olivia Rodríguez, así como das poetas galegas Luz Pozo Garza, María do Carme Kruckenberg, Marilar Aleixandre, Luz Pichel, Ana Romaní, María do Cebreiro, María Lado e Xiana Arias, que recitaron poemas incluídos na antoloxía. Ademais, Lorna Shaughnessy, Maurice Harmon e Mary O'Donell ofreceron a versión en inglés dalgúns dos poemas recitados.
Tipo de video: Vídeo informativo
Fonte: Videoteca da Asociación de Escritores en Lingua Galega
Metadatos: Palacios, Manuela;
O'Donell, Mary;
To the Wind Our Sails;
tradución;
Pozo Garza, Luz;
Kruckenberg, María do Carme;
Torres, Xohana;
Aleixandre, Marilar;
Pichel, Luz;
Pato, Chus;
Romaní, Ana;
María do Cebreiro;
Lado, María;
Arias, Xiana;
Shaughnessy, Lorna;
Harmon, Maurice;
poesía escrita por mulleres.
Observacións: O documento audiovisual divídese en tres partes. A primeira delas recolle as intervencións da profesora Olivia Rodríguez e das editoras Mary O'Donell e Manuela Palacios. As outras dúas recollen o recital poético.
Os textos de Xohana Torres e Chus Pato, poetas tamén incluídas na antoloxía mais que excusaron a súa ausencia, foron lidos por María Xesús Nogueira.