O artigo revela a existencia na obra cunqueiriana de múltiples referencias á pintura renacentista italiana como parte da súa estratexia de búsqueda do mito da Idade de Ouro ou o Paraíso Perdido que el xulgaba imprescindible para sobrevivir no labirinto da vida humana. O percorrido remata co encontro alentador do sorriso do Profeta Daniel no compostelán Pórtico da Gloria, tan imperecedoiro e esperanzador como o das criaturas de Leonardo da Vinci.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org