Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Blanco, Domingo (1999)
"Do refrán á cantiga"
En Rosario Álvarez e Dolores Vilavedra.
Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero: II. pp. 203-233.
Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

Domingo Blanco analiza neste traballo as interrelacións existentes entre os refráns ou proverbios e as coplas ou cantigas. Primeiramente Blanco ocúpase da cuestión de se os refráns seren literatura ou simplemente expresións idiomáticas. A seguir trata das semellanzas e identidades entre ambos os xéneros para despois analizar os refráns que parecen cantigas, os refráns que deron en cantigas, as cantigas que son refráns ou refráns en forma de cantiga, os refráns inseridos en cantigas, as cantigas que sintetizan ou reformulan refráns ou aluden a eles e, finalmente, dedica o último apartado ás seccións de cantigas "sentenciosas" do cancioneiro popular. A partir da variada mezcla entre os refráns e as cantigas, Domingo Blanco conclúe que parece indiscutíbel que o cancioneiro popular galego baseouse no refraneiro para a creación de cantigas e que o refraneiro se apropiou de cantigas populares para se difundir.

Bibliografía secundaria sobre:
Literatura oral; intertextualidade.
 
blanco_1999_refran.pdf (.pdf 1.1 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org