Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Angueira, Anxo (2004)
"Carvalho Calero e O divino sainete"
En Xesús Alonso montero, Henrique Monteagudo e Begoña Tajes Marcote (eds.).
Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" (Celanova, 13-15 de setembro de 2001): 2 Edición. pp. 275-289.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Conferencia pronunciada durante o Congreso Curros Enríquez (Celanova, 2001). O conferenciante analiza os comentarios de Ricardo Carvalho Calero sobre O divino sainete e considera que "supuxeron unha visión negativa" e "equivocada" da obra, "totalmente asumida por outras historias ou manuais literarios". Con Carvalho Calero, O divino sainete quedou como unha obra "circunstancial, supeditada á furia anticlerical do autor, un Curros que sucumbe a un sentimento de vinganza" e cuxa ideoloxía estaría en contradición coa galeguidade.

Ao longo de seis apartados, Anxo Angueira vai contraargumentar as opinións de Carvalho Calero. Para o primeiro no texto de Curros non hai vinganza, nin tantas semellanzas con Guerra Junqueiro, nin renuncia ás referencias humorísticas de carácter culto, nin hai anticlericalismo. En definitiva "O divino sainete non responde ós perfís estéticos" de Ricardo Carvalho Calero "e sobarda totalmente os temáticos".

Para Angueira, O divino sainete é unha obra fundamental de toda a literatura galega porque é a primeira obra do noso sistema literario consciente da súa propia existencia e vai acompañado do contexto histórico en que nace e se desenvolve a literatura galega do XIX. "En O divino sainete, Curros contextualiza o Rexurdimento literario galego á beira dun rexurdimento da nosa conciencia nacional".

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org