Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Salgado, Ana (2008)
"Vigo non é o belén da Caixa" [recensión do libro de Anxo Angueira Fóra do sagrado, 2007]
Protexta: 5, pp. 12.

Reseña de Fóra do sagrado en que se reconstrúen as constelacións poéticas das que participa o libro. Alúdese á posición da obra na traxectoria do autor e o seu compromiso co colectivo Redes Escarlata. Refírese tamén a intertextualidade estabelecida con autores como Meendinho e Oriana Méndez, ou os vínculos discursivos con poemarios como Charenton (de Chus Pato) ou Éxodo (de Daniel Salgado). A poética resultante defínese a partir da forza acadada pola acumulación de antropónimos e topónimos, a reescrita da cidade de Vigo e da súa memoria comunal en termos emancipadores, así como a conexión da proposta coa literatura popular e a oralidade.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org