Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Reseña de Bingo en que se explicita a capacidade metapoética, autorreflexiva e de intervención social ensaiada por Pilar Beiro. A autora sinala a proxección desas constantes cara á construción dunha poética feminista en que comparece tamén a distancia irónica e o humor. Son referidos os seus vínculos con determinadas liñas dos programas poéticos do colectivo Redes Escarlata, Chus Pato ou Xabier Cordal, así como a reescrita consciente doutros referentes como Adorno, Rimbaud, Celan ou Akhmátova. Ana Salgado informa da estrutura da obra e detense con maior demora na segunda parte, titulada "A primeira vez (documental)", descrita como unha reflexión sobre a identidade sexual, a esquerda, o desposuimento da cultura ou a privatización do desexo.

 
salgado_2008_bingo.pdf (.pdf 468 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org