Conferencia pronunciada durante o Congreso Curros Enríquez (Celanova, 2001). O relator comeza aludindo á memoria oral que sobre Manuel Curros circulaba en Vilanova dos Infantes e, a continuación, céntrase na recepción d'O Divino Sainete.
Méndez Ferrín considera imprescindible entrar no tempo que configurou ideoloxicamente a Curros (o movemento revolucionario de 1854) e chama a atención sobre a intervención de Emilia Pardo Bazán pois "incentiva o Curros máis lírico ou aínda trivial". Fronte á escritora coruñesa, o poeta ourensán respondería en O divino sainete cunha defensa da literatura galega como literatura nacional.
O estudoso comenta o enfrontamento de Curros ao clero por razóns económicas (non de fe), compara as estratexias discursivas de Curros coas doutros autores europeos e remata indicando o valor d'O divino sainete por canto tende unha ponte aos modos estilísticos do século XX.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org